Convocada unha concentración en Vilalba en apoio ao pobo palestino

TerraChaXa
O SLG é unha das organizacións convocantes da xornada de folga prevista para este venres
manifetacion-palestina-lugo1
26 sep 2024

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) é unha das organizacións convocantes da folga e xornada de loita a nivel estatal que terá lugar este venres 27 de setembro en apoio ao pobo palestino. Os locais do Sindicato en toda Galicia permanecerán pechados, e fan un chamamento á cidadanía a secundar as accións previstas.

"Durante os 76 anos no que o pobo palestino leva sufrindo a violenta ocupación do seu territorio por colonos israelís, o control por parte do Goberno de Israel da alimentación á que poden acceder foi unha constante. Non é unha coincidencia que a Área ‘C’ de Cisxordania, que comprende máis do 60% de Cisxordania, estea baixo a administración militar total das forzas de ocupación israelís. Non é unha coincidencia que sexa a terra más fértil e rica en recursos e non se nos permita utilizala”, explica a labrega Yasmeen El-Hasan da Unión de Comités de Traballo Agrícola (UAWC), organización palestina -hostigada polo goberno israelí- compañeira no movemento labrego mundial La Vía Campesina Internacional, do que o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas fai parte", explican.

Ademais, hai convocada unha concentración este venres, ás 11.30 horas na praza da Constitución vilalbesa baixo o lema "Palestina vencerá".

0.083863973617554