Convocada unha manifestación contra o Plan Reitor das Fragas do Eume

TerraChaXa
Propietarios de terreos afectados polo Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume convocan unha concentración o 6 de abril,
plan reitor fragas do eume portada
plan reitor fragas do eume portada
5 Abr 2023

Propietarios de terreos afectados polo Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, que a Xunta acaba de aprobar tras dúas décadas, e os concellos das Pontes, A Capela, Pontedeume, Cabanas e Monfero convocan unha concentración o vindeiro xoves, 6 de abril, para mostrar o seu rexeitamento a un documento que «se aprobou sen consenso nin diálogo, sen dar resposta a moitas dás alegacións e sen ofrecer compensacións xustas polas limitacións que supón para vos usos dás terras».

A protesta terá lugar ás doce da mañá na gasolineira de Pontedeume que dá acceso ao parque natural. O Concello das Pontes porá un servizo de autobus para asistir á manifestación.

As persoas interesadas deben inscribirse no 667 12 93 25. O prazo para anotarse é ata o día 5 ás 14.00 horas.

plan reitor fragas do eume
0.17605686187744