Convocada unha manifestación da CIG nas Pontes

TerraChaXa
Convócaa a CIG, o domingo 7 de febreiro, para esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social
cartel manifestación as pontes
5 Feb 2021

Dentro da campaña por unha saída galega xusta da crise que a CIG está a desenvolver dende o mes de outubro, a central nacionalista ten convocada unha xornada de mobilizacións para o domingo 7 de febreiro para esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. “Unha recuperación que non será posible sen a derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013”, din.

As mobilizacións terán carácter expansivo e desenvolveranse en 18 localidades garantíndose en todo momento as medidas de seguridade.

0.13046503067017