Convocada unha nova edición de Saborea as Pontes, coa apertura das inscricións desde o luns

TerraChaXa | FerrolXa
Os establecementos hostaleiros interesados en participar poderán anotarse do 19 ao 23 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nas oficinas de Cohempo
Entrega-Premios-Saborea-As-Pontes-1
18 Oct 2026

O Concello das Pontes prepara unha nova edición de Saborea As Pontes 2026, o concurso gastronómico de tapas que busca poñer en valor a hostalaría local e ofrecer novas propostas culinarias á veciñanza e ás persoas visitantes.

Os establecementos hostaleiros interesados en participar poderán inscribirse do 19 ao 23 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nas oficinas de Cohempo. As bases reguladoras do concurso facilitaránselles aos locais participantes no momento de formalizar a inscrición.

A organización prevé que as persoas asistentes poidan degustar as tapas en dúas quendas: do 12 ao 15 de novembro e do 19 ao 22 de novembro.

Con esta iniciativa, o Concello busca impulsar a gastronomía e apoiar o sector hostaleiro do municipio, promovendo a creatividade culinaria e a participación dos negocios locais nunha nova edición do certame.

Os establecementos interesados xa poden preparar as súas propostas para formar parte de Saborea As Pontes 2026.

0.16732001304626