Convocada unha nova edición do concurso de fotografía sobre a muller rural de Pastoriza

TerraChaXa
As fotografías poden enviarse desde 1 ata o 8 de outubro cando se publicarán no Facebook e poderán votarse entre o 9 e o día 15
concurso-fotografia-muller-rural
29 Sep 2026

Por oitavo ano, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, o Concello de Pastoriza aposta por visibilizar a través da fotografía as mulleres rurais, polo que volve convocar o concurso Muller Rural da Pastoriza.

No concurso pode enviar calquera persoa sen importar o seu lugar de orixe e a temática consiste en imaxes de mulleres rurais do Concello no seu lugar de traballo, labores diarios, de temática libre. A fotografía enviarase a través do enderezo electrónico creado para a ocasión: concursofotografiapastoriza@gmail.com; colocándolle un título para a fotografía e poñendo a parroquia de orixe da fotografía onde foi feita.

As fotografías poden enviarse desde 1 ata o 8 de outubro cando se publicarán no Facebook e poderán votarse dándolle a “me gusta” entre o 9 e o día 15, xornada na que se celebra o Día Internacional da Muller Rural.

0.1699001789093