Convocada unha reunión coa veciñanza da parroquia de Alba para abordar as necesidades da zona

TerraChaXa
Esta terá lugar o venres 2 de outubro ás 20:30 horas no Bar Cascudo
reunion-modesto-renda-vecinos-roman
1 Oct 2026

O vicealcalde e responsable da área de Mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, convocou aos veciños e veciñas da parroquia de Alba a unha reunión que terá lugar o venres 2 de outubro ás 20:30 horas no Bar Cascudo.

A iniciativa enmárcase dentro da acción denominada O vicealcalde nas parroquias, coa que o Goberno local pretende manter un contacto directo coa veciñanza para coñecer as súas necesidades e recoller propostas de mellora.

Segundo explica o Concello, o obxectivo do encontro será explicar e contrastar coas persoas asistentes as posibles medidas municipais en materia de mobilidade urbana, ademais de escoitar de maneira individualizada as demandas e suxestións da cidadanía.

A convocatoria está especialmente dirixida ás persoas residentes na parroquia, ás que se anima a participar nesta sesión informativa e de diálogo para contribuír á definición de futuras actuacións na zona.

 

0.15466117858887