Convocadas as axudas da PAC 2022

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Os interesados poderán descargar diferentes aplicacións electrónicas para informarse sobre as axudas da PAC
agricultura campo cultivo agricultor herba sega colleita
1 Feb 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde da Consellería do Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control, as coñecidas como axudas da PAC. Os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar a solicitude única dende mañá, 1 de febreiro, ata o 30 de abril, accedendo directamente cun certificado dixital á aplicación informática SGA ou acudindo ás distintas entidades colaboradoras.

O orzamento previsto para esta convocatoria elévase aos 210 millóns de euros, dos cales 170 millóns correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 40 millóns de euros coas medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas), cun aumento de cinco millóns de euros nestas últimas con respecto á anterior convocatoria.

Neste senso, prevese que uns 25.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e que son de gran interese para o sector primario. Grazas a estas axudas conséguense reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que se potencia os agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.

Novidades da campaña da PAC 2022

A Consellería do Medio Rural vén de pechar todos os detalles da campaña da PAC 2022 coas Oficinas Agrarias Comarcais e coas máis de 50 entidades colaboradoras que se encargarán de tramitar as solicitudes de axuda en Galicia. Así, mantivéronse encontros telemáticos coas entidades bancarias e as de aconsellamento que prestarán apoio ás persoas interesadas nestas achegas, xunto coas asociacións agrarias ou as organizacións profesionais do sector.

Nesta campaña, cabe resaltar que os interesados poderán descargar diferentes aplicacións electrónicas para informarse sobre as axudas da PAC, consultar as súas solicitudes, facer alegacións e mesmo realizar fotografías xeorreferenciadas cando sexa necesario para completar algún dos procesos precisos para a concesión das achegas.

A maiores, deuse por concluída a implantación do sistema de control coñecido como monitorización que será obrigatorio na nova PAC e que consiste en utilizar as novas tecnoloxías e as imaxes de satélites para realizar un seguimento continuo de todas as superficies declaradas no 100% das solicitudes, co obxectivo de determinar se existe actividade agraria. Así, tras a introdución paulatina dos diferentes concellos, este ano 2022 realizarase monitorización xa en toda a comunidade autónoma.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17323207855225