Convocadas as axudas para actividades culturais e deportivas de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de maio e deberán facerse segundo o modelo subministrado polo Concello
casa-do-concello-de-riotorto
16 May 2026

A Xunta de Goberno do Concello de Riotorto aprobou as bases para a concesión das subvencións para actividades culturais e deportivas durante o ano 2026.

Estas axudas están dirixidas a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, agrupacións e asociacións que desenvolvan actividades de carácter cultural, deportivo ou deportivo cultural no concello de Riotorto.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de maio e deberán facerse segundo o modelo subministrado polo Concello, con memoria xustificativa e documentación adxunta que pode consultarse nas propias oficinas municipais.

Os interesados en informarse sobre estas axudas deberán poñerse en contacto coa axente de Emprego e de Desenvolvemento Local, que estará dispoñible os luns e martes de 9.00 a 14.00 horas.

0.13034200668335