Convocado para o domingo un concerto de primavera

TerraChaXa | LugoXa
As Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei organizan o domingo 2 de abril o tradicional Concerto de Primavera.
concerto primavera rabade sons e sonos portada
concerto primavera rabade sons e sonos portada
31 mar 2023

As Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei organizan para o domingo 2 de abril o tradicional Concerto de Primavera.

Esta xornada musical será ás 13.00 horas en Rábade na praza da Estación. En caso de meteoroloxía adversa, trasladarase ao centro sociocultural.

A actuación estará a cargo da Banda de música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.

concerto primavera rabade sons e sonos