Convocado un campionato de tute na localidade friolesa de Condes

TerraChaXa | LugoXa
O CD Cospeito celebrará o día 12 de novembro un torneo de tute para parellas para o que o prazo de inscrición xa está aberto.
7 mar 2024

A localidade de Condes, en Friol, acollerá a celebración o sábado 16 de marzo dun campionato de tute. Este evento terá lugar no local social da localidade a partir das 14.30 horas, xa que dará comezo cunha pulpada.

Están previstos premios para as tres parellas mellor clasificadas na xeral e as 3 da consolación. Recibirán os gañadores da xeral 200 puntos, con 100 para o segundo e 30 para o terceiro. Na consolación os premios serán dúas botellas de Cardhu para o gañador, dúas botellas de 100 pipers para o segundo e de Rioja para os terceiros.

A inscrición, de 60 euros por parella, inclúe a comida.