Convocan a unha limpeza do río na Casa das Insuas
![limpeza simultanea rios portada](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2023/09/limpeza-simultanea-rios-portada.jpg)
Unha vez máis e coa colaboración entre a Asociación Galega de Custoria do Territorio e a Deputación de Lugo, o domingo 24 de setembro realizarase unha nova actividade da Casa das Insuas, participando na XVI Limpeza Simultánea de Ríos, onde entidades e particulares de toda Galicia únense para visitar e limpar diferentes espazos naturais galegos.
Esta xornada é aberta á participación de tod a veciñanza e comezará ás 10:30 na Casa das Insuas, Rábade. Farase unha pequena ruta e a limpeza na contorna das Insuas do Miño ata as 14:00.
É necesario traer roupa e calzado de campo cómodo.
A actividade é gratuíta e poden inscribirse na web da asociación . Tamén poden preguntar por máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (whatsapp ou teléfono).
Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.
![limpeza simultanea rios](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/09/limpeza-simultanea-rios-200x282.jpg)