Convocan catro prazas de Policía nas Pontes

TerraChaXa
As Pontes abre o prazo para presentarse ao proceso selectivo para a contratación laboral temporal de catro auxiliares de Policía Local.
policia local sirena
17 Xuño 2021

O Concello das Pontes abre mañá o prazo para presentar as solicitudes para o proceso selectivo da contratación laboral temporal de catro auxiliares de Policía Local, co obxectivo de reforzar o servizo, durante un período de seis meses, a xornada completa e co horario requirido polas necesidades do mesmo.

As persoas aspirantes deben reunir, entre outros, os seguintes requisitos: posuír a certificación de ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente, correspondente ao grupo C, subgrupo C2.

Ter unha estatura mínima de 165 cm os homes e 160 cm as mulleres, non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo; acreditar, mediante un informe médico, as condicións físicas suficientes para a realización dos exercicios físicos da proba da oposición, ademais de que non se padece, enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto.

Asi mesmo deben posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto, non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial así como non estar comprendido/a en ningunha clase de incompatibilidade.

As instancias poden presentarse no Rexistro Municipal do Concello das Pontes, do 18 ao 28 de xuño, previa cita nos teléfonos  667 12 93 89/667 12 93 80.  Coa solicitude achegaranse inescusablemente: o DNI, a titulación a que se refire a base, de ser o caso, o diploma acreditativo de ter superado o curso básico para auxiliares da Policía Local, expedido pola Academia Galega de Seguridade Pública así como o título de acreditación de coñecemento do nivel de lingua galega CELGA 3.

Máis información: BOP número 113, do 17 de xuño de 2021 ou en https://concello.aspontes.org/emprego-publico/

0.19195890426636