Convocan de novo o concurso de curtametraxes do Festival de cine de Roca

TerraChaXa
A asociación Xermolos e os veciños organiza unha nova edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca.
festival de musica de cine roca
festival de musica de cine roca
16 Maio 2023

A asociación Xermolos e os veciños de Roca organizan unha nova edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar os días 6 e 9 de xullo na aldea de Roca, en Guitiriz.

Hai dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, cun premio en metálico en cada categoría de 100 euros e un trofeo a cargo dun artesán da comarca.

Neste certame o importante é a temática musical das curtametraxes, que é o que caracteriza o festival.

Entre os requisitos para participar figura que se trata de obras en galego ou castelán (en orixinal o subtitualadas), a súa duración non podía exceder os 30 minutos e tiñan que presentarse con copia en DVD ou a través de plataformas dixitais.

O prazo de presentación está limitado ao 26 de xuño e a obra gañadora recibirá un premio en metálico de 100 euros e un trofeo exclusivo.

O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamizala vida cultural da aldea e arredores.

Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.

0.18068909645081