Convocan de novo o concurso de curtametraxes do Festival de cine de Roca

TerraChaXa
A asociación Xermolos e os veciños organiza unha nova edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca.
12 abr 2024

A asociación Xermolos e os veciños de Roca organizan unha nova edición, a undécima, do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar entre os días 18 ao 20 de xullo na aldea de Roca, en Guitiriz.

Hai dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, cun premio en metálico en cada categoría de 100 euros e un trofeo a cargo dun artesán da comarca.

Neste certame o importante é a temática musical das curtametraxes, que é o que caracteriza o festival.

Entre os requisitos para participar figura que se trata de obras en galego ou castelán (en orixinal o subtituladas), a súa duración non podía exceder os 30 minutos e tiñan que presentarse con copia en DVD ou a través de plataformas dixitais.

O prazo de presentación está limitado ao 8 de xullo e a obra gañadora recibirá un premio en metálico de 100 euros e un trofeo exclusivo.

Entre as obras recibidas farase unha preselección polo comité do festival para decidir se finalmente é elixida para competir polo premio do público.

O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamizala vida cultural da aldea e arredores.

Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.