Convocan de novo o concurso de curtametraxes do Festival de cine de Roca

TerraChaXa
Haberá un premio de 400 euros para cada categoría e outro de 100 para as obras escollidas polo público
festival-de-cine-de-roca
22 Jun 2026

A asociación Xermolos e os veciños de Roca organizan unha nova edición, a XIII do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar entre os días 17 ao 19 de setembro na aldea de Roca, en Guitiriz.

Hai dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, dotadas cun premio en metálico de 400 euros en cada categoría que outorga un xurado. Ademais, repartiranse 100 euros e cada categoría entre as obras escollidas polo público. Ambos recibirán un trofeo realizado polo artesán da comarca Marcos Ladra.

Neste certame o importante é a temática musical das curtametraxes, que é o que caracteriza o festival.

Entre os requisitos para participar figura que se trata de obras en galego ou castelán (en orixinal o subtituladas), a súa duración non podía exceder os 30 minutos e tiñan que presentarse con copia en DVD ou a través de plataformas dixitais.

O prazo de presentación está limitado ao 13 de xullo. Entre as obras recibidas farase unha preselección polo comité do festival para decidir se finalmente é elixida para competir polo premio.

O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamizala vida cultural da aldea e arredores.

Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.

0.12495183944702