Convocan diferentes actividades nas Pontes polo Día da Danza, o 26 de abril

TerraChaXa

O Concello da Pontes súmase á celebración do Día Internacional da Danza, que se celebra o día 29 de abril, cunha actuación das escolas municipais de Danza Clásica, Baile Moderno e Flamenco ao aire libre, na Praza de América o próximo venres, 26 de abril, ás 19:00 horas.

conservatorio_danza_lugo
conservatorio_danza_lugo
13 abr 2024

O Concello da Pontes súmase á celebración do Día Internacional da Danza, que se celebra o día 29 de abril, cunha actuación das escolas municipais de Danza Clásica, Baile Moderno e Flamenco ao aire libre, na Praza de América o próximo venres, 26 de abril, ás 19:00 horas.

A través desta iniciativa búscase, en palabras da concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, “mostrar o traballo realizado polo profesorado e alumnado das escolas municipais e achegar á veciñanza á beleza desta disciplina artística, saíndo ao encontro do público para dar a coñecer a danza, as súas diversas modalidades e o labor desenvolvido polas escolas do Concello, amosando o seu talento e creatividade ao mesmo tempo que reivindicamos a danza como unha das expresións artísticas máis populares”.

Esta actividade rematará cun baile final aberto a toda a veciñanza e con tal motivo, a Escola Municipal ofrecerá clases abertas, a todas as persoas que desexen participar nesta iniciativa, os días 12 e 19 de abril, de 19:30 a 20:30 horas, e o sábado, 13 de abril, de 12:30 a 13:30 horas, no terceiro andar da Casa Dopeso, para poder aprender e ensaiar a coreografía desta peza.