Convocan en Outeiro de Rei unha andaina popular para o día 15

TerraChaXa | LugoXa
O  GDR-4 e o  Concello de Outeiro de Rei organizan para o sábado 15 de abril unha andaina popular con saída do local social de Martul.
andaina martul outeiro de rei portada
1 Apr 2023

O  GDR-4 (Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo) en colaboración co  Concello de Outeiro de Rei  organiza para o sábado 15 de abril unha andaina popular con saída ás 10:30 horas do local social de Martul.

Trátase dunha actividade para toda a poboación, co obxectivo de coñecer un fermoso recurso natural, cultural e patrimonial pertencente a Reserva da Biosfera Terras do Miño.

O recorrido será de 10 km camiñando pola Ruta Arqueolóxica do Acevedo, unha ruta circular, de dificultade baixa cun tempo aproximado de realización de 3 h.

É obrigatorio inscribirse antes a través do seguinte e-mail: info@comarcadelugo.gal

andaina martul outeiro de rei

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18181920051575