Convocan na Pastoriza a praza dun enxeñeiro técnico agrícola
A área de Medio Rural do Concello da Pastoriza, despois da publicación no BOP da provincia o día 24, iniciou os trámites para a contratación temporal dun enxeñeiro técnico ágricola ou forestal, o prazo de presentación é de 5 días hábiles despois da publicación no BOP.
A duración do contrato será ata o 31 de decembro de 2021, cunha xornada a tempo completo e cun salario bruto de 1.540 euros ao mes.
Os interesados en formar parte desta convocatoria deberán estar en posesión do título de enxeñeiro técnico ágricola ou forestal, acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, dispor de carne de conducir clase B.
Segundo informan nas bases, as funcións que lle serán encomendadas son:
- Informes sobre danos e deficiencias do patrimonio municipal.
- Labores de inspección do cumprimento da ordenanza reguladora da corta e saca de madeira.
- Labores de inspección e cumprimento da ordenanza reguladora do uso das vías públicas.
- Seguimento e control dos expedientes sancionadores polo incumprimento da ordenanza reguladora da corta e saca de madeira.
- Informes relacionados co inventario de bens e dereitos do concello, medicións, investigación e recuperación de bens patrimoniais.
- Calquera outro relacionado co posto de traballo
As bases desta convocatoria poderán consultarse na sede electrónica do Concello da Pastoriza.