Convocan para o 1 de marzo a III Quedada Btt de Muras
TerraChaXa
O Club Ciclista Terra Chá organiza o 1 de marzo, domingo, a terceira edición da Quedada BTT de Muras, unha proba que constará de 30 quilómetros con 1.
24 Feb 2020
O Club Ciclista Terra Chá organiza o 1 de marzo, domingo, a terceira edición da Quedada BTT de Muras, unha proba que constará de 30 quilómetros con 1.200 metros de desniver positivo.
O percorrido realizarase pola contorna e hai un máximo de 50 prazas para esta actividade. Os interesados en anotarse deben facelo o antes posible. Ten un prezo de 5 euros, que subirá a 23 para aqueles que queiran particpar no xantar.
As inscricións deben facerse na web www.galitiming.com.
O xantar farase no Bar Santi e constará de empanada caseira, callos churrasco, postre caseiro, café e chupito.