Convocan un campus de Nadal de Hockey sobre Patíns nas Pontes

TerraChaXa
O evento desenvolverase os días 30 e 31 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00
campus-de-hockey-nadal-as-pontes
23 Dec 2024

O Concello das Pontes, en colaboración coa Deputación da Coruña e Deporte Galego, organiza un Campus de Nadal de Hóckey sobre Patíns dirixido a persoas maiores de 4 anos. O evento desenvolverase os días 30 e 31 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00, e ofrecerá unha experiencia única para os amantes deste deporte.

O prezo de inscrición é de 50 euros, con descontos dispoñibles para socios do club e irmáns. A inscrición pode realizarse a través da plataforma Cluber ata o 27 de decembro de 2024. Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 624 576 750.

O campus contará coa dirección de Neto, ex-xogador do Dominicos A Coruña e actual adestrador do Hockey Club As Pontes, e Lucho, tamén adestrador do club. Os participantes poden levar o seu propio material de hóckey ou utilizar o que o club poñerá á súa disposición no caso de non dispoñer de equipo. Ademais, ofrecerase un petisco a media mañá para repoñer forzas, e a xornada finalizará cunha gran comida de despedida.

0.13938999176025