Convocan unha escola de ciclismo nas Pontes a partir deste mes

TerraChaXa
O Club Ciclista As Pontes pon en marcha o próximo día 15 unha escola de ciclismo, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte.
escola ciclismo as pontes portada
escola ciclismo as pontes portada
9 Feb 2023

O Club Ciclista As Pontes pon en marcha o próximo día 15 unha escola de ciclismo, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte.

Así, organizará clases para os nenos que estuden Infantil os luns de 17.50 a 18.30 horas e os de Primaria tenrán de horario luns e mércores de 18.30 a 19.30 horas.

As sesións terán lugar no pavillón Monte Caxado e terán unha cota mensual de 15 euros máis unha matrícula de 30. No mes de febreiro a formación será gratuíta en réxime de portas abertas.

As persoas que desexen anotarse na escola poden facelo chamando ao teléfono 722 251 913.

escola ciclismo as pontes
0.18305683135986