Coque Malla é o concerto estrela das festas das Pontes, nas que volven pasarrúas e orquestras

TerraChaXa
Serán as orquestra Marbella e La Misión as que inicien as verbenas o venres 19
coque-malla-as-pontes
Coque Malla
17 Xul 2024

As Pontes conta con música para todos os gustos, para que ninguén quede sen bailar ao ritmo do que máis lle guste.

A actuación estrela destas festas é a actuación do músico e actor Coque Malla, que, xunto coa súa banda, deleitará á veciñanza pontesa cun concerto, que terá lugar o día 19 de xullo, ás 22.00 horas na rúa 8 de marzo, no canal IV.

A entrada é de acceso gratuíto.

COQUE MALLA

Despois dun ano sen subirse ao escenario, no 2023 regresou con a súa nova xira na que está a presentar o seu último disco de estudo Aunque estemos muertos. Galardoado co Premio Ondas 2023 á Traxectoria Musical, Coque Malla e a súa banda regresan ás mellores prazas españolas cun repertorio que fará que o espectador consiga realizar unha viaxe a través da vida, cos seus altibaixos, os seus achados e as súas perdas. Esta icona do rock and roll fará que os asistentes se sentan “máis vivos que nunca”.

Os seus concertos conformarán unha xira storyteller, onde a calidade e a actitude están ao servizo da innovación e a procura de constantes desafíos sonoros.

Cada concerto está a ser un show único e irrepetible sen renunciar á vitalidade das súas cancións de rock castelán como El saco de los Sueños ou Místico. O directo vai gañando en intensidade estalando con éxitos como No puedo vivir sin ti ou Adiós papá ata os grandes fitos da súa carreira en solitario como Me dejó marchar ou La Señal.

A banda en formato quinteto rock está formada por Gabi (batería), David Lads (teclados), Amable (guitarra) e Héctor (baixo) quen xunto con Coque Malla encherán de forza aos seus fans, mantendo en todo momento o carácter festivo do show. Aunque estemos muertos Tour é unha oportunidade única para que o público vibre coa mellor música rock durante máis dunha hora de show.

ORQUESTRAS

Ao longo de toda a semana convidarán á localidade a unha serie de orquestras que farán que todos os veciños, desde os máis mozos ata os máis maiores, se xunten para desfrutar das noites festivas.

Serán as orquestra Marbella e La Misión as que inicien esta sesión musical o venres 19 na verbena das 23.30, na praza do Carme, onde tamén actuarán o resto dos grupos.
O sábado, a sesión vermú das 13.30 estará a cargo do grupo Pasión e, pola noite, na verbena das 23.00 horas, será a quenda da orquestra Olympus e Players.

O domingo, logo dunha misa e procesión, terá lugar ás 14.00 unha sesión vermú co grupo Antha de protagonista e, pola noite, da verbena encargarase Satélites e Capitol. Dará comezo ás 22.00 horas.

Para o inicio de semana, o programa volve contar cunha sesión vermú, que será á mesma hora (14.00 horas) e terá ao grupo Jaque como protagonista. Pola noite, ás 22.00, serán París de Noia e Origen as que se encarguen de amenizar a verbena.

PASARRÚAS

Haberá pasarrúas recorrendo os barrios da localidade coa súa música tradicional o sábado e domingo ás 12.00, o luns ás 11.30 e o mércores, novamente, ás 12.00 horas.

OS TREVILLAS

Este grupo formado por uns amigos das Pontes, aos que lles gustaba a música, comezaron a aprender a tocar a frauta alá polo ano 1993 no baixo dunha carpintería, da man do músico autodidacta Manuel Seijo. Logo ensinoulles a tocala gaita, e co paso do tempo decidíronse a formar un grupo, que naceu no ano 1995.
O seu primeiro disco presentouse o 22 de outubro do 2005 no Cine Alovi das Pontes, e chamouse Dalle Dalle, está feito de pezas tradicionais galegas, e tamén inclúen nel unha canción que lles ensinou o sacristán das Neves.

NO CÓMBARO

Este grupo de música galega formouse no ano 2003, empezando a súa traxectoria como cuarteto tradicional con dúas gaitas, tambor e bombo. Co transcurso dos anos fóronse incorporando outros instrumentos como son a zanfona, a frauta traveseira, o clarinete, acordeón e voz ata completar a formación actual composta por oito membros.

Os inicios das súas actuacións foron coas alboradas e os pasacalles, recorrendo as comarcas do Eume, Terra Chá e Ferrolterra.

Participaron tamén en festivais na localidade e arredores. Con este pequeno proxecto, ademais de desfrutar tentan divulgar, dignificar e manter viva a esencia da música tradicional, dándolle un xeito propio con pezas da súa propia creación pero tamén mantendo e conservando o repertorio dos antigos gaiteiros.

CANAVELLA

Este grupo creouse con membros da Escola Municipal de Música Tradicional das Pontes arredor dos anos 2009, e nos seus comezos estaba formado por 3 gaitas, 2 tamborís e 1 bombo. Actualmente está composto por 3 gaitas, 1 tamboril e 1 bombo pero o seu repertorio está formado por todo tipo de pezas tradicionais como son os pasodobres, as muiñeiras, as rumbas ou as xotas.

horario-concertos-festas-as-pontes
0.13190388679504