Coque Malla lidera o cartel das Festas do Carme das Pontes

TerraChaXa
Actuará o día 19 de xullo ás 22:00 horas na Rúa 8 de marzo, na Canle IV
coque-malla-as-pontes
Coque Malla
19 Xuño 2024

O músico e actor Coque Malla, xunto á súa banda, ofrecerá un concerto para celebrar as Festas do Carme das Pontes de García Rodríguez o día 19 de xullo ás 22:00 horas na Rúa 8 de marzo, na Canle IV.

Despois dun ano sen subirse ao escenario, no 2023 regresou con xa a súa nova xira na que está a presentar o seu último disco de estudo “Aunque estemos muertos”. Galardoado co Premio Ondas 2023 á Traxectoria Musical, Coque Malla e a súa banda regresa nas mellores prazas españolas cun repertorio que fará que o espectador consiga realizar unha viaxe a través da vida, cos seus altibaixos, os seus achados e as súas perdas.

Esta icona do rock and roll fará que os asistentes síntanse “máis vivos que nunca”. Os seus concertos conformarán unha xira storyteller, onde a calidade e a actitude están ao servizo da innovación e a procura de constantes desafíos sonoros.

Cada concerto está a ser un show único e irrepetible sen renunciar á vitalidade das súas cancións de rock castelán como El saco de los Sueños ou Místico. O directo vai gañando en intensidade estalando con éxitos como No puedo vivir sin ti ou Adiós papá ata os grandes fitos da súa carreira en solitario como Me dejó marchar ou La Señal.

A banda en formato quinteto rock está formada por Gabi (batería), David Lads (teclados), Amable (guitarra) e Héctor (baixo) quen xunto con Coque Malla encherán de forza aos seus fans, mantendo en todo momento o carácter festivo do show.

Aunque estemos muertos Tour é unha oportunidade única para que o público vibre coa mellor música rock durante máis dunha hora de show. A entrada é de acceso gratuíto.

0.17043089866638