Corbelle, en Pastoriza, festexa a San Antón esta fin de semana

TerraChaXa
O sábado arrancarán as celebracións cunha misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles
banderines-festas-patronais
Cartel das festas
5 Jun 2026

A parroquia de San Martín de Corbelle, en Pastoriza, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 6 e 7 de xuño na honra a San Antón, despois de celebrar o pasado domingo o tradicional xantar popular.

O sábado arrancarán as celebracións cunha misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Los Españoles. Pola noite a verbena contará tamén con esta orquestra e Kubo.

O domingo continuarán os oficios relixiosos ás 13.45 horas. A orquestra JB Son será a encargada do apartado musical na sesión vermú prolongada que porá fin á festa.

A organización colocará unha carpa no campo da festa para posibles inclemencias meteorolóxicas.

0.11570310592651