Cortan ao tráfico a ponte de Uriz este mércores

TerraChaXa

A Deputación de Lugo anunciou que o  mércores, día 10 de abril, quedará cortada a ponte de Uriz, en Begonte, debido aos traballos de limpeza do río que realizará a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a través de Tragsa.

9 abr 2024

A actuación, que consistirá na retirada de troncos que están atascando varios ollos da ponte, obrigará a cortar a LU-P-5101 nese punto durante todo o día. A institución provincial habilitará desvíos alternativos, que quedarán debidamente sinalizados.