Corvite e Aldixe celebran as festas de San Pedro sábado e domingo

A parroquia de Corvite, no concello de Abadín, festexará San Pedro a fin de semana cun programa que combina tradición relixiosa, animación musical e actividades populares.
O sábado 27 terá lugar a misa ás 13:30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú que dará paso á festa verbena amenizadas polo grupo D'Kris. Nesta última actuará tamén o dúo Herencia.
O domingo 28 repetirase o esquema da xornada anterior cunha nova misa á mesma hora, procesión e unha sesión vermú prolongada coa actuación do dúo Óbice Capital.
Como atractivo especial, haberá colchonetas de balde para a cativada.
Tamén haberá festa na parroquia de Aldixe, que arrancarán o venres a partir das 22.00 horas con pinchos gratis para os asistentes e verbena con Pizzle Animación. A noite contará con fogos de artificio.
O sábado a música estará a cargo de Os Adrianos, en sesión vermú e verbena, e o domingo será a vez do dúo Belinda, que se ocupará de pechar as festas ao mediodía. Haberá misa os dous días, no primeiro caso ás 13.30 horas e no segundo ás 13.00. Neste caso a procesión contará co grupo Cerna de Árbol.
Tamén haberá colchonetas de balde para a cativada.