Cospeito abre unha exposición sobre explotación sexual

TerraChaXa
A Exposición e proxección do traballo documental Chicas Nuevas 24 horas chega ao Concello de Cospeito tralo seu paso polas principais universidades e institutos de Europa e Sudamérica.
chicas nuevas 24 horas portada
chicas nuevas 24 horas portada
2 Maio 2024

A Exposición e proxección do traballo documental Chicas Nuevas 24 horas chega ao Concello de Cospeito tralo seu paso polas principais universidades e institutos de Europa e Sudamérica.

Escrito e dirixido por Mabel Lozano, o traballo, nominado aos Premios Goya, denuncia o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas a través das súas testemuñas, convidando á reflexión.

A exposición do mesmo nome, pode visitarse dende o 2 ata o 16 de maio na casa da cultura de Feira do Monte de luns a venres de 10:00a 14:00 horas.

Ademais, o Concello organiza o día 8 de maio un obradoiro arredor da mostra para o alumnado da ESO do CPI Virxe do Monte enfocados á prevención e concienciación sobre o negocio da prostitución.

Os dous pases da longametraxe serán en primeiro lugra na casa de cultura da Feira do Monte o día 8 de maio ás 11:45 horas en colaboración co CPI Virxe Do Monte. Na  casa de cultura de Muimenta será o día 15 de maio ás 19:30 horas en colaboración coa Asociación Aquilino Iglesia Alvariño.

A mostra e os documentais están dirixidos a un público maior de 14 anos, con entrada libre ata completar aforo.

A iniciativa enmárcase dentro das organizadas polo Departamento de Servizos Sociais Municipais do Concello de Cospeito e conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

0.19171905517578