Cospeito acolle este sábado a II Toma Cultural Torre da Caldaloba

TerraChaXa
O sábado 26 de outubro, coincidindo coa celebración do Magosto, terá lugar a partir das 15.
Captura de pantalla 2019 09 19 a las 9.23.59
Captura de pantalla 2019 09 19 a las 9.23.59
24 Out 2019

O sábado 26 de outubro, coincidindo coa celebración do Magosto, terá lugar a partir das 15.00 horas a segunda edición da Toma Cultural da Torre do Caldaloba.

O acto, organizado pola Asociación Sociocultural de Pino e Culturalia GZ, comezará ao redor cunha andaina desde o local social da Asociación Cultural de Pino ata chegar ao carón da mesma Torre do Caldaloba.

Alí sucederanse diversas intervencións, tanto de veciños da propia parroquia de Pino coma de persoas convidadas. Nesas intervencións destacará a historia, a poesía, a lenda… a cultura coa que reivindicar este símbolo do patrimonio chairego.

Á volta, desde o lugar de Caldaloba ata o local social de Pino, quen o desexe poderá gozar coa xa mencionada celebración do Magosto a partir das 21:00 horas. Este úlitmo ten un prezo de dez euros para os non socios sende de balde para os asociados. Todos deberán recoller tickets para asistir e terán que facelo antes do 7 de outubro por parte de calquera membro da directiva.

II TOMA CULTURAL DE CALDALOBA
0.17690491676331