Cospeito acolle este mércores dúas actividades pola igualdade

TerraChaXa
Monicreques para os pequenos e microteatro para a mocidade
actividades-igualdade-cospeito
Carteis
18 Xuño 2024

O concello de Cospeito contará este mércores con dúas actividades. Por unha banda organiza unha actividade de monicreques e teatro de papel co título Non hai cousas de neno nin de nena, só de persoas, de Juste Kamishibai

Será ás 11:00 horas no ximnasio do CPI Virxe do Monte dirixido a nenos de Primaria e orientada a loita contar a violencia de xénero.

Por outra banda, contarán tamén cun obradoiro de Microteatro e Microdanzas con conciencia, a cargo de Blanca Villares realizado coa adolescencia integrante de Asubíos da Chaira e as Pandereteiras de Muimenta.

Esta actividade está aberta a outros menores non integrantes de Asubíos da Chaira interesados na música e a igualdade ata agotar prazas.

As inscricións poden realizar no correo servisociais@concellodecospeito.es ou no teléfono 982 520 001.

A sesión terá lugar de 18:30 a 20:30 horas na casa da cultura da Feira do Monte para a mocidade entre os 11 e os 17 anos de idade.

O obxectivo do obradoiro é reflexionar sobre a normalización de contidos sexistas, e  artellar outras propostas estéticas igualmente atractivas que potencien outros valores e supoñan outras olladas aos corpos propios e alleos e ó cotián.

Neste obradoiro desenvolverán narrativas plantexando situacións que consideran de desigualdade, e teatralizándoas gravándose uns a outros.

0.17619395256042