Cospeito celebra o próximo sábado a Feira do Porco de Ceba

TerraChaXa
O Concello de Cospeito vivirá o próximo sábado, 26 de novembro, unha nova edición da Feira do Porco de Ceba, a XXXIII.
feira do porco de ceba copeito portada
feira do porco de ceba copeito portada
17 Nov 2023

O Concello de Cospeito vivirá o sábado 25 de novembro unha nova edición da Feira do Porco de Ceba, a XXXIV, que manterá a tradicional programación e que contará con diferentes actividades complementarias en Feira do Monte.

Esta tradicional celebración desenvolverase na praza da feira nunha carpa instalada para tal fin e na que haberá premios aos mellores exemplares e un agasallo para cada gandeiro participante.

Entre os asistentes sortearase unha cesta de Nadal e haberá tamén degustación de produtos típicos do porco a partir das 11.00 horas.

A feira abrirá as súas portas ás 8.00 horas e están invitados a participar no concurso todos os animais que entren antes das 10.30 horas. Unha vez feita a deliberación do xurado, farase entrega dos premios ás 13.15 horas, que consistirán en 150, 120 e 80 euros para os tres primeiros animais valorados. Tamén se repartirán outros catro de 60 euros cada un.

Paralelamente, haberá outro tipo de actividades. Así, abrirase ás 10.00 horas o apartado musical con Asubíos da Chaira e ás 12.15 haberá unha representación infantil na casa da cultura de Feira do Monte a cargo dos Bolechas.

Como se fai todos os anos, pola noite haberá un Festival de Corais, ás 20.30 horas, na casa da cultura, terá lugar o festival de corais coa participación da coral Virxe do Monte de Cospeito.

feira do porco de ceba cospeito cartel
0.15242099761963