Cospeito celebrará o Festival Asubiíños cunha noite de música, humor e sorteos na Feira do Monte

TerraChaXa
Estará presentado polo pallaso Peter Punk, un dos artistas máis coñecidos do panorama galego no ámbito do humor e da animación
festiva-asubiinos-da-chaira
11 Jun 2026

A Casa da Cultura da Feira do Monte acollerá o vindeiro venres 12 de xuño unha nova edición do Festival Asubiíños, unha cita cultural e de lecer aberta a todos os públicos que dará comezo ás 20.30 horas con entrada gratuíta.

O evento contará coa participación do músico Meigo Simón e incluirá tamén unha actuación sorpresa, nunha proposta que busca combinar música, entretemento e participación do público.

O festival estará presentado polo pallaso Peter Punk, un dos artistas máis coñecidos do panorama galego no ámbito do humor e da animación, que será o encargado de conducir a velada e achegar o seu particular estilo á xornada.

Ademais das actuacións previstas, a organización anunciou a realización de sorteos gratuítos entre as persoas asistentes, engadindo un atractivo máis a unha cita que pretende converterse nun punto de encontro para a veciñanza e os amantes da cultura.

O Festival Asubiíños está promovido polas asociacións Asubiíños da Chaira e Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito, e conta coa colaboración do Concello de Cospeito.

A organización anima á veciñanza da comarca a asistir a esta proposta cultural, que combinará música, humor e convivencia nun ambiente festivo e familiar.

0.11832499504089