Cospeito contará o venres cunha actividade de mindfulness

TerraChaXa
Será ás 19.00 horas na Lagoa de Cospeito
mindfulness-cospeito
Carteis
24 Xuño 2024

O Concello de Cospeito organiza un obradoiro de iniciación ao mindfulness no que as persoas participantes aprenderán técnicas eficaces e sinxelas baseadas na meditación e a autoconciencia para acadar un maior equilibrio e benestar.

O obxectivo é mellorar o estado mental, emocional e físico das persoas e promover o seu empoderamento nun espazo de reflexión e autocoidado.

Será o venres 28 de xuño ás 19:00 horas na Lagoa de Cospeito. As prazas son limitadas e a inscrición será por orde de recepción en servisociais@concellodecospeito.es ou no teléfono 982 520 001.

O taller estará a cargo de AgâraYoga e desenvólvese no marco da programación que o Departamento de Servizos Sociais realiza durante todo o ano a través do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

0.076215982437134