Cospeito convoca este sábado a festa de clausura das Escolas Deportivas

TerraChaXa
Ao longo da tarde haberá distintas propostas de lecer para os asistentes, entre as que se inclúen maquillaxes, xogos, inchables e música
festa-escolas-deportivas-cospeito
29 May 2026

O Concello de Cospeito celebrará este sábado 30 de maio a festa de clausura das Escolas Deportivas, unha xornada pensada para despedir a tempada cunha tarde chea de actividades lúdicas e deportivas dirixidas á rapazada.

O evento desenvolverase no Pavillón Municipal Feira do Monte e dará comezo a partir das 16:30 horas.

Ao longo da tarde haberá distintas propostas de lecer para os asistentes, entre as que se inclúen maquillaxes, xogos, inchables e música, nun ambiente pensado para fomentar a participación e a diversión.

Con esta celebración, o Concello de Cospeito pon o broche final ás actividades das Escolas Deportivas deste curso, reunindo ás familias e aos participantes nun encontro festivo para compartir unha xornada de convivencia e entretemento.

0.080312967300415