A Asociación San Martiño de Pino estará de viaxe en León o 1 de outubro

TerraChaXa
A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en Cospeito, e coa colaboración da Asociación Cruceiro San Pedro de Seixas, organiza unha viaxe a León o 1 de outubro con saída ás 8.
san martino de pino vaixe leon portada
san martino de pino vaixe leon portada
21 sep 2023

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en Cospeito, e coa colaboración da Asociación Cruceiro San Pedro de Seixas, organiza unha viaxe a León o 1 de outubro con saída ás 8.00 horas da mañá.

Ao chegar a León, cunha parada previa para almorzar, prevese unha visita con guía privada polo seu casco vello, seguido dun xantar en Cuevas Miñambres, en Valdemimbre. Despois do xantar e antes de regresar, farase unha visita á Catedral de León.

Todos os que queiran asistir á viaxe deben anotarse antes do día 24 e pagar o prezo que é de 65 euros os socios e 75 para os que no son socios. No prezo ven incluído o bus, seguro de viaxe, guía privado, entrada catedral e xantar.

san martino de pino vaixe leon
0.17858099937439