Cospeito inicia o luns un taller de envellecemento activo

TerraChaXa
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cospeito porá en marcha o próximo luns un taller de envellecemento activo.
taller envellecemento activo cospeito portada
taller envellecemento activo cospeito portada
7 dic 2022

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cospeito porá en marcha o próximo luns un taller de envellecemento activo que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas mairoes.

O taller impartirase os luns de 17.00 a 19.00 horas na casa da cultura de Muimenta e os mércores de 16.30 a 18.30 horas na homónima da Feira do Monte.

Neste taller tratarase sobre estimulación da memoria e as funcións cognitivas, desenvolvemento emocional, técnicas de relaxación e psicomotricidade, novas tecnoloxías, animación á lectura e nutrición.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no propio Concello, no teléfono 982 520 001 ou no correo servisociais@concellodecospeito.es

taller envellecemento activo cospeito