Cospeito organiza a terceira carreira popular

TerraChaXa
O Concello de Cospeito celebrará o día 6 de maio unha carreira popular. O prazo de inscricións pecha o xoves 4 de maio.
carreira pedestre sanxose
carreira pedestre sanxose
11 Maio 2024

O Concello de Cospeito celebrará o día 19 de maio a terceira edición da Carreira Popular, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e da Xunta de Galicia.

O prazo de inscricións aínda está aberto ata o mércores 15 de maio e os interesados poden anotarse nesta cita en www.carreirasgalegas.com. Haberá unha proba absoluta, cuxo circuíto de 10 quilómetros arrincará ás 11.00 horas da casa do Concello e discorrerá por vías asfaltadas e de terra, a meta será no campo da feira de Feira do Monte.

Os máis pequenos completarán tres diferentes percorridos en Feira do Monte, a partir das 12.30 horas, 150, 600 e 1.500 metros.

0.20230007171631