Cospeito organiza un obradoiro de pintura téxtil en cinco localidades do municipio

O Concello de Cospeito pon en marcha un obradoiro de pintura téxtil que se desenvolverá durante o mes de xuño en distintas parroquias do municipio. A actividade, dirixida á veciñanza e con prazas limitadas, busca fomentar a creatividade e ofrecer unha alternativa de lecer formativa.
O programa arrancará o luns 8 de xuño na Casa da Cultura da Feira do Monte. Posteriormente, o obradoiro trasladarase á escola de Xermar o venres 12 de xuño, á escola de Xustás o luns 15, á Casa da Cultura de Muimenta o mércores 17 e á escola de Pino o venres 19 de xuño.
Todas as sesións celebraranse en horario de 17.00 a 19.00 horas. Durante o obradoiro, as persoas participantes poderán aprender distintas técnicas de decoración e personalización de pezas téxtiles, aplicándoas a camisetas, bolsas ou outras prendas.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico servizosociais@concellodecospeito.es ou chamando ao teléfono 982 520 001.
Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas, polo que recomendan realizar a inscrición con antelación para garantir a participación.