Cova da Serpe acollerá o día 19 unha ruta a cabalo con comida, sorteos e música

A contorna da Cova da Serpe, en Friol, acollerá o vindeiro sábado 19 de setembro unha ruta a cabalo que combinará natureza, gastronomía e animación durante toda a xornada.
A actividade dará comezo ás 10.00 horas coa saída da ruta desde a igrexa de Samede. Durante o percorrido está prevista unha parada con pinchos na Cova, antes de continuar a xornada cunha sesión vermú ás 14.00 horas.
Ás 14.30 horas terá lugar o xantar no Bar Miragaya, cun menú composto por callos, carne asada con patacas, sobremesa e café, cun prezo de 30 euros. Pola tarde haberá varios sorteos, incluído un especial, mentres que un DJ se encargará da música e da animación ata que o corpo aguante.
A organización lembra que as prazas son limitadas e que é necesario anotarse antes do 14 de setembro. Ademais, durante a ruta haberá un fotógrafo para deixar constancia da xornada.
As persoas interesadas poden solicitar información e realizar a inscrición a través dos teléfonos de contacto facilitados pola organización, Rubén, no 629 101 171, e Samuel, no 633 078 379.
A organización tamén advirte de que cada xinete será responsable dos danos que poida causar o seu cabalo durante a actividade.