Críticas ás ordenanzas da actividade forestal na comarca de Meira

TerraChaXa
A proposta de crear unha ordenanza para a actividade forestal en Meira e en cinco municipios próximos segue suscitando críticas.
arboles forestal tala
4 Mar 2021

A proposta de crear unha ordenanza para a actividade forestal en Meira e en cinco municipios próximos -Pol, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza- segue suscitando críticas. Diferentes colectivos rexeitaron a medida que implica o pago de 0,60 euros por tonelada de madeira cortada, o que consideran “un imposto máis, que penalizará a actividade forestal en tempos de crise”.

Os madeiristas instan aos concellos a adaptar as pistas á nova maquinaria e aseguran que paralizar as curtas algúns meses, como algún alcalde chegou a suxerir, causaría un forte impacto en todo o sector.

Mentres, os mandatarios aseguran que a taxa era necesaria para contribuír ao coidado das pistas, sen que a súa aprobación concibísese como un ataque ao sector.

0.1705801486969