CSIF asina a RPT do Concello de Begonte e destaca o acordo para mellorar a organización municipal

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) valora positivamente o acordo alcanzado para a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Begonte, un instrumento fundamental para ordenar e estruturar os postos de traballo municipais.
Segundo a organización sindical, a RPT permitirá definir as funcións e responsabilidades dos diferentes postos e establecer unha valoración obxectiva das condicións de cada un deles. CSIF considera que a aprobación deste documento supón un importante paso adiante na organización e modernización dos recursos humanos do Concello, así como na mellora das condicións do seu persoal.
O sindicato destaca tamén o clima de diálogo e a boa disposición mantida durante todo o proceso de negociación, que permitiu achegar posicións e alcanzar finalmente un acordo.
Desde CSIF defenden que a negociación e o diálogo deben servir para buscar solucións, alcanzar acordos e conseguir avances reais para os traballadores e traballadoras.