Cuba perde na primeira rolda do Campionato do Mundo de Belgrado

TerraChaXa
O vilalbés José Cuba participou no Campinato do Mundo Sénior de loitas olímpicas que se está a celebrar en Belgrado, onde tivo un mal arranque perdendo no primeiro combate ante o exipcio Kamal Gouda.
jose cuba presentacionseleccion mundo portada
20 Sep 2023

O vilalbés José Cuba participou no Campinato do Mundo Sénior de loitas olímpicas que se está a celebrar en Belgrado, onde tivo un mal arranque perdendo no primeiro combate ante o exipcio Kamal Gouda..

Esta era a primeira proba clasificatoria para os Xogos OLímpicos de París 2024 e as 5 prazas que se xogaban vendéronse moi caras estando todas reservadas aos loitadores das principais potencias mundiais deste deporte.

Os cinco países clasificados dos pesos pesados nesta proba foron Irán, Georgia, USA, Turquía e Rusia. O deportista de Vilalba terá novas oportunidades nos torneos clasificatorios que comezarán no 2024.

Outro dos deportistas que periodicamente se prepara en Vilalba tamén tentou a clasificación neste Mundial. Trátase de Catriel Pehuén, loitador de Arxentina que busca clasificar para os xogos olímpicos ao primeiro peso pesado do país americano. Catriel tamén terá que esperar aos torneos clasificatorios ao perder en Belgrado ante o estadounidense Mark Parris.

Nas próximas semanas retomarase a preparación para tentar acadar o soño olímpico destes deportistas.

cuba campionato clasificacion mundial
0.16497397422791