Cuba representa a España nos xogos mundiais de policías e bombeiros

TerraChaXa
O loitado vilalbés José Cuba representa esta fin de semana a España nos Xogos Mundias de Policías e Bombeiros en Rotterdam.
jose cuba xogos bombeiros portada
jose cuba xogos bombeiros portada
23 jul 2022

O loitado vilalbés José Cuba representa esta fin de semana a España nos Xogos Mundias de Policías e Bombeiros que se abren esta fin de semana en varias sedes dos Países Baixos e que teñen a primeira cita en Rotterdam.

O vilalbés tomará parte en loitas olímpicas disputando dúas modalidades, a de loita libre hoxe e o domingo a de grecorromana, e estará acompañado doutros policías e bombeiros que conforman a delegación española de loita.

Para Cuba este é o evento internacional máis importante desta tempada de transición que o axudará a manter o nivel competitivo antes da tempada que vén, na que se xogará de novo a clasificación para os Xogos de París 2023.