Cubren a pista de pádel de Begonte

TerraChaXa
Remataron os traballos de instalación da cuberta da pista de pádel de Begonte. A obra contou cun orzamento de preto de 50.000 euros.
pista padel begonte_cuberta
12 Dec 2021

Remataron os traballos de instalación da cuberta da pista de pádel de Begonte. A obra contou cun orzamento de preto de 50.000 euros (48.393,97 euros), co 58% sufragado pola Xunta (28.000 euros) e o restante 42% achegado polo goberno local (20.393,97 euros).

En 2020 levouse a cabo a pista de pádel, renovada agora coa cuberta que vén de ser instalada. Daquela, o convenio entre Xunta e Concello contou cun orzamento de 25.000 euros, sendo o 80% achegado polo Goberno galego (20.000 euros) e o 20% polo municipio lucense (5.0000 euros). A pista de pádel foi unha das dotacións máis demandadas en Begonte; trátase dunha pista regulamentaria, construída ao aire libre, e dispón de iluminación LED para prolongar as horas de uso. Agora, grazas a súa cuberta, poderá ser utilizada mesmo nos días de chuvia.

Segundo explicou o secretario xeral, o Goberno autonómico apoia a creación e mellora de infraestruturas deportivas para “satisfacer o crecente interese social existente, especialmente en determinadas modalidades”. Ao respecto, destacou que o pádel é un deporte en auxe e que a oferta de instalacións “debe ser coherente coas demandas de cada territorio, coa fin de que cada vez máis persoas realicen actividade física, que é un dos obxectivos primordiais da Xunta de Galicia, acadar unha sociedade activa e saudable”. "A instalación desta cuberta, nun territorio como o galego no que estamos acostumados ás inclemencias meteorolóxicas, supón que os nosos veciños poidan realizar a práctica deportiva nas mellores condicións", apuntou.

0.1826159954071