Dakidarría abre este venres a progración do Iescha co gallo das festas de Vilalba

Dakidarría tocarán este venres - 21 de agosto, ás 22.00 horas- na Praza da Igrexa de Vilalba. O concerto da banda de punk reggae deño Val Miñor, con máis de dúas de décadas de traxectoria de música en galego, abrirá a programación que o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) propón para as vindeiras semanas, co gallo das festas de San Ramón e Santa María na capital chairega.
A programación, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación, inclúe a inauguración da XIII Exposición Tal como eramos. Fotos para o recordo -28 de agosto, no Auditorio Municipal-, a proxección do filme Antes de nós -3 de setembro, no Auditorio Municipal- e a homenaxe ofrenda no XXII cabodano de Manuel María - 6 de setembro, ás 12.30 horas, no Espazo Manuel María.
A área de Cultura provincial reforza así a súa colaboración estable continuada co Iescha, entidade de referencia na conservación e difusión da cultura e do patrimonio galego e chairego.