'Dama de Castro' gaña a III edición das Receitas de Outono con poesía de Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz resolveu o premio da III edición das Receitas de Outono con poesía, resultando gañador o traballo Dama de Castro, realizado por Eshter Ansade Calvo e María García, e enviado por María Rosa Gandoy.
29 dic 2022

A entrega do agasallo á receita/poema gañadora foi onte, 28 de decembro na caseta do Concello situada no Mercado de Nadal que se está a realizar no Campo da Feira de Guitiriz.

Esta III edición de Receitas de Outono con poesía cumpriu o seu obxectivo de poñer en valor os produtos do outono e dinamizar a lectura e a escritura.

Tras o veredicto, as persoas do xurado coincidiron que o nivel medio dos traballos presentados foi realmente satisfactorio, destacando a variedade das receitas presentadas.