Damil celebra o Día da Bicicleta

As celebracións na honra de San Salvador na parroquia begontina de Damil continúan esta fin de semana coa VIII edición do Día da Bicicleta, que terá lugar hoxe, venres, a partir das 21.00 horas no campo da festa.
Todos os nenos e nenas están convidados a dar un paseo en bici polos arredores. Dende o campo da festa irán cara á igrexa, onde se celebran as vésperas e, ao remate, haberá uns petiscos para repoñer forzas no campo da festa.
A organización lembra que será obrigatorio o uso do casco.