Damil celebra o sábado o San Xoán

TerraChaXa
A festa estará amenizada por Judith Cundís
fogueira-san-xoan-guitiriz
Cartel
18 Xuño 2024

Os veciños de Damil, en Begonte, festexan este sábado, día 22 de xuño, unha cea na honra a San Xoán tal e como veñen facendo nos últimos anos.

A xornada comezará cunha cea a prezos populares servida polo bar Fénix, á que seguirá a festa amenizada ao ritmo de Judith Cundís.

O menú constará de empanada, paella e churrasco mixto con chourizo, ademáis de postre, café e licor por 30 euros. Para os máis pequenos de ata 13 anos, terán un menú especial por 15 euros.

Os billetes para poder asistir están dispoñibles na Casa Varela ou, tamén, contactando con Adrián (608 698 825) ou José (699 419 334). A data límite é hoxe, 18 de xuño.

0.18546199798584