Damil celebrará o San Xoán cun xantar popular e festa musical o sábado

TerraChaXa
O prazo límite para formalizar a inscrición remata hoxe, 16 de xuño
san-xoan-festas-fogueira-fogata
16 Jun 2026

A localidade de Damil celebrará o sábado, 20 de xuño, as festas de San Xoán cunha xornada de convivencia que combinará gastronomía e música para reunir a veciñanza e visitantes.

O programa inclúe un xantar popular cun menú composto por paella, churrasco mixto con chourizo, bebida, sobremesa e café. O prezo establecido é de 30 euros por persoa, mentres que o menú infantil, para nenos e nenas de ata 13 anos incluídos, terá un custo de 15 euros.

O servizo do xantar correrá a cargo do Bar Fénix. Unha vez rematada a comida, a celebración continuará cunha sesión musical amenizada pola discoteca móbil Patakiña.

A organización lembra que é imprescindible retirar previamente o tícket para asistir ao evento. As entradas poden adquirirse en Casa Varela ou contactando cos membros da comisión organizadora. O prazo límite para formalizar a inscrición remata hoxe, 16 de xuño.

 

0.11870813369751