"Mans de Irimia" para Daniel López e a memoria de Herminia Estoa na V Festa da Afirmación e Dignidade

TerraChaXa
A Irmandade Manuel María, Xermolos e a AC Avelino Díaz organizan a quinta Festa da Afirmación e Dignidade que se desenvolverá o 23 de setembro no Pedregal de Irimia coa colaboración do Concello de Meira.
pedregal irimia
16 sep 2017

A Irmandade Manuel María, Xermolos e a AC Avelino Díaz organizan a quinta Festa da Afirmación e Dignidade que se desenvolverá o 23 de setembro no Pedregal de Irimia coa colaboración do Concello de Meira.

Mero Iglesias será o encargado de ler o manifesto antes da lectura dos comunicados de representantes da Irmandade Manuel María, Adega, presos independentistas galegos, a Asociación Avelino Díaz e varios colectivos.

O acto que dará comezo ás doce do mediodía tamén servirá para facer entrega das "Mans de Irimia", obra de Manolo Pardo, a Daniel López Muñoz e á memoria de Herminia Estoa Bouso. Rubén Aramburu servirá de presentador neste caso.

Xa ás dúas do medidoía servirase un xantar nos cabanóns de Meira a base de polbo, churrasco mixto, viño do país, etc. Será precisa inscrición previa por un prezo de 22 euros a través dos teléfonos 646 413 890 u 630 217 035.

Despois das cinco da tarde, na praza do convento de Meira, haberá música da man da Banda Municipal de Música de Meira, as pandereteiras Nove Ferreñas de Meira e a Banda Municipal de Gaitas de Meira, entre outras sorpresas.

0.17380285263062