Darío Campos recibe aos deportistas que recibiron as axudas da Deputación

TerraChaXa
O Presidente, Darío Campos Conde, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos aos  deportistas da provincia de Lugo que foron becados polo Goberno da Deputación.
deprotistas
11 Maio 2018

O Presidente, Darío Campos Conde, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos aos  deportistas da provincia de Lugo que foron becados polo Goberno da Deputación. Trátanse das axudas para deportistas individuais que o Executivo Provincial ofreceu, en réxime de concorrencia competitiva, por un valor total de 75.000 euros. No acto tamén participaron o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón; o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca; e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro Villares.

En total, foron 150 deportistas individuais da provincia de Lugo os que se beneficiaron destas bolsas, ás que puideron optar todos os lucenses interesados, e coas que o Goberno da Deputación premiou o esforzo competitivo introducindo criterios totalmente obxectivos para a súa concesión.  No reparto das bolsas, que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros, tivéronse en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.

Durante o desenvolvemento do acto, os deportistas recibiron diplomas cos que o Executivo Provincial homenaxeou a súa traxectoria deportiva e os éxitos logrados durante a pasada anualidade.

Distribución das axudas por modalidade

O Goberno da Deputación achegou un total de 75.000 euros dirixidos a premiar o esforzo competitivo dun total de 150 deportistas lucenses. A distribución das axudas é a seguinte:

- Atletismo: concedéronse un total de 62 axudas, por un valor total de 28.450 euros, que representan o 41,3% do total.

- Natación: concedéronse un total de 15 axudas, por un valor total de 7.100 euros, que representan o 10% do total.

- Tiro olímpico: concedéronse un total de 12 axudas, por un valor total de 5.150 euros, que representan o 9,2% do total.

- Piragüismo: concedéronse un total de 11 axudas, por un valor total de 5.700 euros, que representan o 7,3% do total.

- Taekwondo: concedéronse un total de 10 axudas, por un valor total de 3.450 euros, que representan o 6,6% do total.

- Loita: concedéronse un total de 9 axudas, por un valor total de 6.500 euros, que representan o 6% do total.

- Tríatlon: concedéronse un total de 7 axudas, por un valor total de 6.900 euros, que representan o 4,6% do total.

- Karate: concedeuse 6 axuda, por un valor total de 2.250 euros, que representan o 4% do total.

- Orientación: concedéronse un total de 4 axudas, por un valor total de 2.300 euros, que representan 2,6% do total.

- Judo: concedéronse un total de 3 axudas, por un valor total de 1.100 euros, que representan o 2% do total.

- Tenis de mesa: concedéronse un total de 3 axudas, por un valor total de 900 euros, que representan o 2% do total.

- Tríatlon e péntatlon moderno: concedéronse 2 axudas, por un valor total de 1.300 euros, que representan o 1,3% do total.

- Kickboxing: concedéronse 2 axudas, por un valor total de 600 euros, que representan o 1,3% do total.

- Squash: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 1.000 euros, que representan o 0,6% do total.

- Ciclismo: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 300 euros, que representa o 0,6% do total.

- Federación Española Deportes para Cegos: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 1.500 euros, que representan o 0,6% do total.

- Pesca: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 500 euros, que representa o 0,6%  do total.

Distribución das axudas por zonas

- A Mariña. Son un total de 12 axudas por valor de 6.300 euros, o que representa o 8% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Viveiro: 2.500 euros (2 bolsas); Ribadeo: 500 euros (1 bolsa); Lourenzá: 1.500 euros (5 bolsas); Burela: 500 euros (1  bolsa); Mondoñedo: 1.300 euros (3 bolsas).

- Zona Centro. Son un total de 126 axudas por valor de 62.250 euros, o que representa un 84% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Begonte: 750 euros (1 bolsa); Castroverde: 300 euros (1  bolsa); Friol: 500 euros (1 bolsa); Guitiriz: 300 euros (1 bolsa); Lugo: 53.900 euros (110 bolsas); Muras: 300 euros (1 bolsa); Outeiro de Rei: 600 euros (2 bolsas); Rábade: 1.550 euros (3 bolsas); Vilalba: 4.050 euros (6 bolsas).

- Zona Sur. Son total de 12 axudas por valor de 6.450 euros, o que representa un 8% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Monforte de Lemos: 6.450 euros (12 bolsas).

0.19569396972656